Lizeira

Servizos informáticos

En Lizeira ofrecemos distintos servizos tecnolóxicos a particulares e pequena e mediana empresa. Facemos que a tecnoloxía sexa sinxela, usando solucións abertas para que poidas facer un uso produtivo de la misma, e axudándoche a adaptarte ás esixencias da sociedade do coñecemento.

Se queres saber máis de Lizeira, segue lendo os seguintes apartados.

Servizos

Os nosos servizos están orientados a facilitarlle á nosa clientela o uso das tecnoloxías que precisan para no desenvolvemento da súa actividade persoal ou profesional. Acompañamos os nosos servizos da formación precisa para sacarlle o maior probeito ao produto adquirido.

Páxinas web

Desenvolvemos páxinas web adaptadas ás necesidades da nosa clientela baixo estandares e solucións que garanten a independencia futura do cliente a respecto do proveedor, usando a solución máis idonea tendo en conta o presuposto, coñecementos do cliente e obxectivos. Asesoramos nos procesos asociados a creación da web, como merca de dominios, aloxamento da páxina, correo electrónico, legalidade etc.

Produtos web epecíficos para:

  • Hostalaría
  • Portfolios
  • Microsites
  • Catálogos
  • Tendas online
  • Grupos musicais, solistas, compañías de teatro, escritores/as etc
  • Eventos culturais, empresariais etc
  • Formación a distancia

As nosas webs son multilíngües, SEO, adaptabeis aos distintos dispositivos (ordenadores, smartphones, teléfonos), cumplen a lei de cookies e dispoñen de certificado dixital.

ERP e CRM

Ofrecemos unha solución sinxela ás necesidades das pequenas e medianas empresas así como de autónomos, para poder dun xeito eficaz ter o maior control posíbel sobre aspectos da súa empresa, como a relación e comunicación coa clientela, proveedores, control de almacéns, TPV, compras e ventas, contabilidade etc.

Solucións de traballo en grupo e xestión da información.

Implantamos solucións que melloran a comunicación e traballo en grupo da empresa, ou da empresa con terceiros, así como a xestión da información, a través de ferramentas como mediawiki ou owncloud, o que permite un maior control dos recursos por parte da empresa.

Formación

En Lizeira dámoslle especial importancia á formación, xa que é un elemento fundamental á hora de obter os mellores resultados e rendemento dos recursos informáticos que dispoñamos. Ofertamos unha serie de cursos e obradoiros que amplían a nosa oferta formativa asociada aos produtos que ofrecemos. Dispoñemos dunha plataforma de formación a distancia coa que o alumnado pode mellorar a súa formación a través dos foros, materiais e resolucións de dúbidas fora das aulas persenciais, así como facer un seguimento da evolución da aprendizaxe a través de probas de coñecemento.

Cursos

Os cursos de formación están orientados ao coñecemento tanto teórico como practico dunha ferramenta, cunha duración prolongada en horas e que se imparte de xeito presencial, semipresencial ou a distancia

Obradoiros

Os obradoiros son accións formativas de pequena duración (unhas 8 horas presenciais), apoiadas con material dispoñibilidazos a través da plataforma de formacion a distancia.

Non duvides en poñerte en contacto con nós e analizaremos as túas necesidades sen ningún compromiso

Colaboracións